Logo Anpa

Logo Anpa

xoves, 20 de novembro de 2014

Extraescolares Curso 2014/2015

Aqui vos deixamos os horarios das actividades extraescolares que se están a realizar actualmente no colexio.




ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2014/2015

IMPARTIDAS NO CEIP MANUEL VIDAL PORTELA

LUNS
TENIS                   16:30 a 17:30            PATIO// XIMNASIO
XOGOS PREDEPORTIVOS 16:30 a 17:30             XIMNASIO
DEBUXO E PINTURA         17:00-18:30              COMEDOR
MARTES
FUTBOL          16:30 A 18:00       PATIO //XIMNASIO
BALLET            16:30 A 17:30       SALON DE ACTOS

MERCORES
TAEKWON-DO       16:30 A 18:30           XIMNASIO
XOVES
 BALONMAN          16:30 A 17:30       PATIO/XIMNASIO

Composición da nova Xunta Directiva

Tras a asamblea ordinaria da Anpa, quedou aprobada a nova composición da Xunta directiva da Anpa "Río Lérez".

PRESIDENTE: FELIX ALVAREZ FILLOY

VICEPRESIDENTA: CONCEPCION ALONSO PEQUEÑO

SECRETARIA: TANIA BAQUERO MAROTO

TESORERA: MARÍA DOLORES PEREZ PAZOS





venres, 5 de setembro de 2014

Inicio do Curso 2014-2015

O vindeiro Mércores 10 de Setembro, comezan as clases en Infantil e Primaria do novo curso 2014-2015.

Sorte a todos os nosos cativos nesta nova aventura educativa!!!!!!

xoves, 13 de febreiro de 2014

A Federación de ANPA da provincia de Pontevedra convoca o II Certame de Relato Curto

Logo da gran participación no curso pasado da edición do certame, a FANPA (Federación de ANPA da provincia de Pontevedra) convoca o II Certame de Relato curto. Está dirixido ao alumnado de primaria, secundaria e bacharelato dos centros públicos da provincia de Pontevedra e aos adultos que convivan con eles. O prazo de entrega dos traballos vai dende o 13 de xaneiro ata o 28 de febreiro.
Os relatos gañadores e os finalistas serán publicados nun libro pola editorial Kalandraka e os catro relatos gañadores publicaranse, ademais, no Diario de Pontevedra.
Os premios para cada gañador ou gañadora de cada categoría serán:
un libro con todos os relatos gañadores e finalistas (máximo 100),
un vale de 200 euros,
un lote de libros de Kalandraka e
unha lámina dixital autenticada polo ilustrador do libro.
Cada finalista recibirá tamén un exemplar do libro cos relatos gañadores e finalistas.
Ademais da editorial Kalandraka, colaboran a Concellaría de Normalización do Concello de Pontevedra, a Deputación de Pontevedra, o Diario de Pontevedra, Gadis e Novagalicia Banco.
Os principais obxectivos deste certame son: fomentar a creatividade no alumnado, potenciar a expresión e comprensión escrita, estimular o uso do galego nas familias, facilitar as posibilidades de publicación a novos creadores/as, apoiar os escritores/as noveis e afeccionados/as, crear un espazo común e familiar para a creación literaria.
http://pontevedraviva.com/cultura/9510/kalandraka-fanpa-publicaran-libro-colectivo-relatos-cortos-escolares-escritores-aficionados/

mércores, 20 de novembro de 2013

Concurso de debuxo

O colexio de avogados de Pontevedra, co motivo do seu 175 aniversario, vai organizar un concurso de debuxo para os escolares da cidade.

Vos deixamos o cartel do concurso, por se alguen quixera participar.

mércores, 13 de novembro de 2013

Magosto 2013

Como xa saberedes os que vos chegou a nota do colexio, este Venres 15 van celebrar no colexio, un magosto durante o horario de clases, onde participara toda a comunidade educativa.

Como todolos anos a Anpa, colabora co Magosto aportando os botellins de auga que se repartiran entre os asistentes.

Desexamos que lles salga un bo día e que todos o pasen de maravilla.