Logo Anpa

Logo Anpa

mércores, 20 de novembro de 2013

Concurso de debuxo

O colexio de avogados de Pontevedra, co motivo do seu 175 aniversario, vai organizar un concurso de debuxo para os escolares da cidade.

Vos deixamos o cartel do concurso, por se alguen quixera participar.

mércores, 13 de novembro de 2013

Magosto 2013

Como xa saberedes os que vos chegou a nota do colexio, este Venres 15 van celebrar no colexio, un magosto durante o horario de clases, onde participara toda a comunidade educativa.

Como todolos anos a Anpa, colabora co Magosto aportando os botellins de auga que se repartiran entre os asistentes.

Desexamos que lles salga un bo día e que todos o pasen de maravilla.

xoves, 3 de outubro de 2013

Información de actividade familiar

Obradoiro “Voando Libres” – Faiponting – 6 outubro


Descrición da actividade gratuíta, de carácter familiar:

1. Percorrido guiado pola contorna da Illa do Covo, comentando os seus valores ambientais, realizando observación de aves (con telescopios) e identificación das especies arbóreas principais. Recollida de bugallos de carballo.

2. Obradoiro: reprodución en arxila de pegadas de animais presentes na comarca, principalmente aves. Cada participante poderá confeccionar a súa propia colección de entre os exemplos propostos.

3. Obradoiro: montaxe dun paxaro voador mediante a reutilización de bandexas de porespán comúns, así como mouchos con rolos de papel hixiénico.

4. Obradoiro: confección de reclamos de avelaiona (un tipo de bufo mediano, presente na comarca) a partir de bugallos de carballo.

Horario: Saída do vestíbulo do Pazo da Cultura ás16:00 horas

Inscricións: Podes descargar a folla na nosa web www.pazodacultura.org e entregala nas oficinas do Pazo da Cultura de 8:30 a 14:30h. ou enviala ao correo coordinacion@pazodacultura.org contactando posteriormente no 986 83 30 61 para asegurase da recepción da mesma.

Información de interese

Pontevedra acolle mañá a presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez 

Este 4 de outubro, ás 20 h no Centro de Interpretación das Torres Arcebispais, organizado pola Fundación Alexandre Bóveda e Edicións Xerais 
Trátase dun “libro práctico que quere animar a mellorar o uso da lingua a través de contos, anécdotas e pequenos trucos” 
(SÓ PARA OS MEDIOS: Para entrevistas co autor, Carlos Callón, poden chamar ao 639 341 586)

Mañá, 4 de outubro, o Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (avenida de Santa María) acollerá a presentación do último libro do presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e portavoz nacional da plataforma unitaria Queremos Galego, Carlos Callón.

A obra, Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, chega á cidade do Lérez precedida dunha “moi boa acollida do público”, pois en menos dun ano está xa na súa cuarta edición, “algo máis rechamante no actual momento de estafa económica e crise editorial”. Para o autor, este éxito non só amosa que “este libro pasa a cubrir un oco que existía no mercado, dunha obra que traballase a mellora da nosa calidade lingüística cun punto de vista desenfadado”, senón que, “o máis importante para min, é outra proba de que hai unha parte significativa da sociedade galega que baixo ningún punto de vista quere que se perda o noso único idioma propio”.

A través de anécdotas e pequenos contos, Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez ofrece “trucos e consellos para darmos o paso de usar a lingua galega de xeito máis vivo, máis cómodo e máis xenuíno”. Traballa para iso “cos prexuízos e mesmo cos medos aprendidos”, pois “os problemas con que nos encontramos moitas veces non son de orixe gramatical, senón social”. Por iso, esta é unha obra “pensada para que sexa útil para un público diverso, desde persoas que queren comezar a falar galego até estudantes de calquera nivel ou persoas que desexen melloralo”.

O autor, para alén de presidente da Mesa e portavoz nacional de Queremos Galego, é profesor de Lingua e literatura galega. Ademais doutras obras, publicou os ensaios sobre sociolingüística En castellano no hay problema (Xerais, 2010) e Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (Xerais, 2011). Polo seu labor como escritor gañou, entre outros, os premios Vicente Risco de Ensaio, Redelibros de Ensaio, Fervenzas Literarias de Ensaio, Fernández del Riego de Poesía, Concello de Ames de Poesía, Concello de Carballo de Xornalismo e Lauro Olmo de Teatro.

Moitas grazas pola atención.

A Mesa pola Normalización Lingüística

xoves, 19 de setembro de 2013

Corrección en el numero de cuenta que figura en la hoja de inscripción

Saludos,

Tenemos que informaros que hemos detectado un error en la ficha de inscripción al Anpa, concretamente el número de cuenta que figura en ella es incorrecto, este fallo ya ha sido subsanado y en el archivo adjunto se envía la ficha de inscripción con el número de cuenta correcto.

Por favor, los que no hayais pagado la cuota del Anpa, cuando lo hagais fijaros en hacerlo en el número de cuenta correcto que se envía en este nuevo archivo.

El nº de cta correcto es: 2080 5405 31 3000173202

Los que ya habeis hecho el pago no os preocupeis, puesto que ha sido un error nuestro lo asumiremos nosotros.

Perdonad las molestias y gracias por vuestra colaboración

mércores, 18 de setembro de 2013

Asamblea Ordinaria da Anpa

Mañan, Xoves 19 de Setembro as 20h, vaise a celebrar no salón de actos do colexio a asamblea ordinaria da Anpa "Rio Lerez". A orde do día da mesma está exposta dende hai dias nas portas do colexio e o caron da secretaria.

Convidamos a todolos pais e nais, sexan socios ou non, a que asistan a mesma e participen, xa que se debatirán temas de interese para todos nos.

Un saúdo.

Nova ficha de inscrición na Anpa


Actividades Extraescolares (IV)


domingo, 15 de setembro de 2013

Actividades extraescolares (III). Información xeral.


Neste cuadro se atopa toda a informacíón relativa a realización das actividades extraescolares.



 
DATA DE INICIO
01 de Outubro do 2013
DATA DE FINALIZACION
20 de Xuño do 2014
HORARIO DAS ACTIVIDADES
De Luns a Venres de 16:30 a 18:30h


Mediante folla de inscrición que se deixara no local da ANPA, via e-mail anpavidalportela@hotmail.es ou no local de ANIAS (Rúa Echegaray, nº 39. Pontevedra), no seu e-mail extraescolares@anias.es ata o día 26 de Setembro. E durante o curso no horario das actividades ao/a monitor/a da actividade, por e-mail ou en ambas oficinas.
ACTIVIDADES A REALIZAR NO CEIP BARCELOS
Para participar nestas actividades terán que cubrir a folla de inscrición como para as outras actividades e  no caso do que seu fillo/a asista o día da actividade ao comedor  terán que cubrir unha autorización (que recollerán na mesa da ANPA ou na nosa oficina)para que os monitores/as podan trasladalo dun colexio ao outro e terá que recollelo no CEIP Barcelos ao remate da actividade.
COTA
Ver Programa de actividades.
A cota inclúe o prezo da actividade sen material
MATRICULA DE INSCRICION
Para os socios/as da ANPA será gratuíta, o resto de Pais/Nais deberán aboar 15€
COBROS
As actividades extraescolares  cobraranse por medio de domiciliación bancaria.
Para comezar nas actividades deberán entregar   a ficha de inscrición debidamente cumprimentada.

BAIXA OU CAMBIO DE ACTIVIDADE
Por escrito (solicitar  e entregar folla ao/á monitor/a) , vía e mail extraescolares@anias.es ou na nosa oficina, facendo constar o motivo, antes do 20 do mes anterior no que se solicita a  baixa ou cambio
NUMERO DE PRAZAS POR ACTIVIDADE
Maximo de 15/20 alumnos, dependendo da actividade
Mínimo: 8 alumnos

Actividades extraescolares (II).Compartidas co CEIP Barcelos

Estas son as actividades extraescolares que se van a ofrecer no CEIP Barcelos, pero que poderán realizar tamén os nenos/as do noso colexio.



ACTIVIDADE
HORA
DÍA
NIVEL
PREZO
ACTIVIDADES FÍISCAS E DEPORTIVAS
XIMNASIA RÍTMICA
16:30 a 17:30
XOVES
3º a 6º de Primaria
12 €
XIMNASIA RÍTMICA
17:30 a 18:30
XOVES
Infantil e 1º 2º Primaria
12 €
INICIACIÓN AOS DEPORTES
16:30 a 17:30
MÉRCORES
Infantil e 1º 2º Primaria
12 €
ACTIVIDADES ARTÍSTICAS
MANS CREATIVAS
16:30 a 18:00
VENRES
Primaria
14 €
BAILE MODERNO
17:30 a 18:30
MARTES
3º a 6ª  Primaria
12 €
BAILE MODERNO
16:30 a 17:30
MARTES
4º Infantil  a 2º Primaria
12 €
ACTIVIDADES ARTÍSTICAS  LÚDICO-EDUCATIVAS
XOGANDO E CANTANDO EN INGLÉS
17:30 a 18:30
LUNS
Infantil e 1º e 2º de Primaria
12 €
COMUNICACIÓN  EN INGLÉS
17:30 a 18:30
XOVES
3º a 6º de Primaria
12 €
MÉTODO UCMAS DE CÁLCULO MENTAL CON ÁBACO
16:30 a 17:30
LUNS E MÉRCORES
Grupo xa formado/grupos nova formación
40€
MÉTODO UCMAS DE CÁLCULO MENTAL CON ÁBACO
17:30 a 18:30
LUNS E MÉRCORES
Grupos de nova formación
40€