Logo Anpa

Logo Anpa

luns, 2 de setembro de 2013

Os camiños escolares chegan o Vidal Portela

Para este curso que esta a piques de comezar, o CEIP Manuel Vidal Portela vai formar parte por primeira vez, do programa de "Camiños escolares" que organizan conxuntamente o concello e a policía local. Esta iniciativa, que xa leva aplicandose no CEIP Alvarez Limeses con exito varios cursos, consiste en facilitar que os nenos/as a partires de 7 anos (3º de Primaria) poidan acudir ata o colexio camiñando dende os seus domicilios. Para poder facer isto posible, estableceronse por toda a cidade unha rede de rutas supervisadas nas horas de entradas e saidas dos centros escolares, por voluntarios, comerciantes e a propia Policia Local.

Haberá abundante información no colexio sobre esta campaña, e en canto nos sexa posible a publicaremos tamén no noso blog.

Ningún comentario:

Publicar un comentario